O Seminario Maior San José, naceu no ano 1959, trala intención e as mans de D. José López Ortiz, Bispo de Tui – Vigo. Os alumnos deste Seminario, veñen de distintas partes da Diocese de Tui – Vigo. Actualmente hai 6 seminaristas.
A amizade e a alegría de pertencer á mesma Diocese únenos, para chegar ao noso fin do camiño, o sacerdocio. Ademais, as distintas actividades, como faladoiros, os intres de deporte, as excursións, paseos e visitas culturais fomentan o crecer xuntos, para un traballo en equipo no futuro.
A repartición dos distintos cargos facilita a boa marcha da casa, favorece o adecuado ambiente familiar e fomenta a responsabilidade, a xenerosidade e o espírito de servizo cara aos demais.
A convivencia diaria no Seminario fai deste un medio moi adecuado para adquirir unha experiencia intensa de caridade pastoral.