CASTELLUM TYDE, n. 8 (2022)
Esta nova entrega de “Castellum Tyde” está dedicada a Xoán Martínez “Tamuxe” (O Rosal, 1930), fundador deste Instituto no ano 1991 e presidente do mesmo entre os anos 2007 e 2017. Un esbozo biográfico e da súa bibliografía (tanto de libros como artigos en revistas e prensa) a cargo do seu fillo, Xoán Martínez Barbosa, nos aproxima a unha figura excepcional para a historia e o patrimonio do territorio tudense. A súa traxectoria e o papel do “Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño”, que el fundou xunto a Aquilino G. Santiso e Jesús Gómez Sobrino.
Sumario de “Castellum Tyde: revista do Instituto de Estudios Tudenses” nº 8 (2022):
1.- Martínez Barbosa, Juan Ramón: Xoán Martínez “Tamuxe”
2.- Hidalgo, José Manuel: Castros visitables de O Baixo Miño-O Condado- Paradanta (Galicia) y O Alto y Baixo Minho (Portugal). Aportaciones sobre su estudio y musealización (I).
3.- Clube Espeleolóxico Mauxo: No Castelo da Furna. Espeleologia granítica em Boivão, Valença.
4.- Porto Ucha, Anxo Serafín, e Vázquez Ramil, Raquel: Imagen de mujer medieval del siglo X. Doña Aragonta, fundadora del Monasterio de Santa María de Saliceta
5.- Iglesias Almeida, Ernesto: La pintura tudense en los siglos XVI y XVII
6._ Bouzón Gallego, Avelino: Pleito por la Obra Pía de la capilla de Santo Tomás de Auino en Alxán (Soutomaior).
7.- Martinez Tamuxe, Xoán: Un curioso documento sen data nin sinatura
8.- Serra, Narciso: Feira dos Santos de Cerdal. A “feira dos Galegos”, que é de Portugal e de todos os que lá vão
9.- González Fernández, Juan Miguel: O balneario de augas medicinais de Caldelas de Tui no século XIX.
Fonte: Telemariñas