O próximo día 30, terá lugar no Seminario Maior “San José” de Vigo, a inaguración do curso académico.
Este curso que comeza marcado pola situación actual de pandemia do CO VID-19.
Os actos académicos darán comezo ás 10:30 hrs coa Celebración da Eucaristía na Capela do Seminario, que será presidida polo bispo da Diocese de Tui-Vigo.
O programa é o seguinte:
10.30 h., na Capela do Seminario Maior, Concelebración Eucarística, presidida polo Excmo. e Rvdmo. Dr. D. Luis Quinteiro Fiúza.
11.30 h., no Salón de Actos, Acto Académico:
- Saúdo do Director do Instituto Teolóxico, Dr. D. Antonio Menduiña Santomé.
- Lectura da Memoria 2019-2020 polo Secretario, Lic. D. Juan José González Estévez.
- Lección inaugural: PRIVILEGIO DE DOÑA URRACA (1071) (Ante el noningentésimo quincuagésimo aniversario). Restauración de la ciudad de Tui y la teoría de género”, a cargo do profesor Lic. D. Avelino Bouzón Gallego.
- Homenaxe ó profesor Lic. D. Ricardo Lión Peña por mor da súa xubilación.
- Presentación do nº 12-13, anos 2019-2020, do Anuario Telmus, polo Director de Publicacións, Dr. D. Guillermo Juan Morado
- Declaración de apertura oficial do Curso Académico 2020-2021.