¿Quen somos?

O Seminario Maior San José, naceu no ano 1959, trala intención e as mans de D. José López Ortiz, Bispo de Tui – Vigo. Os alumnos deste Seminario, veñen de distintas partes da Diocese de Tui – Vigo. Actualmente hai 8 seminaristas.

A amizade e a alegría de pertencer á mesma Diocese únenos, para chegar ao noso fin do camiño, o sacerdocio. Ademais, as distintas actividades, como faladoiros, os intres de deporte, as excursións, paseos e visitas culturais fomentan o crecer xuntos, para un traballo en equipo no futuro.

A repartición dos distintos cargos facilita a boa marcha da casa, favorece o adecuado ambiente familiar e fomenta a responsabilidade, a xenerosidade e o espírito de servizo cara aos demais.

A convivencia diaria no Seminario fai deste un medio moi adecuado para adquirir unha experiencia intensa de caridade pastoral.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
shares