Verán NON STOP

Hoxe comezamos o marabilloso mes de setembro. Un mes, que non é máis que outros meses, nin tampouco máis especial por ser o noveno mes do ano. Se se busca unha calidade para definir o mes de setembro podemos poñerlle o da volta ás clases, o final do verán, a volta ao traballo, … Á fin e ao cabo, unha volta, talvez, ao que podemos considerar a rutina dos nosos días.

Resulta que esta non deixa de ser unha publicación da nosa web, e por iso, para nós, setembro ten ese sabor de volta ao traballo, de volta ao seminario. Un mes que, por unha banda, ten talvez un sabor amargo, porque volvemos ao estudo e ao “fincar os cóbados” para estudar a teoloxía; doutra banda, o mellor lado, o lado dulzón que o envolvemos en todo o que realizamos.

Setembro un mes, no que facemos repaso do verán, do noso tempo de descanso, o noso tempo de cambiar de tarefa. Un tempo de volta e de contar o que vivimos este verán, de todo o que gozamos estando cos máis próximos coa nosa familia. Tamén, un mes de comezo, porque seguimos avanzando no camiño, damos un paso, comezamos un curso novo e sempre o acollemos con grandes forzas.

Por iso, neste mes, e neste artigo queremos recoller os cursos que os seminaristas realizamos. En Asturias, en Salamanca e en Santiago de Compostela.

Un curso de verán en Asturias

Os nosos compañeiros Juan e Jesús, tiveron a ocasión de compartir, no mes de xullo, uns días no fogar de “Don Orione”. Neste centro atopan a súa casa un centenar de persoas con distintas capacidades. Alí leva a cabo, un gran labor de integración e inserción laboral. Jesús destaca que neses días, que puido compartir con Juan e 50 mozos da Parroquia Santa María de Caná (Madrid), ensináronlles, entre outras moitas cousas, que “a felicidade non se constrúe acumulando cousas, senón dando grazas por aquilo que somos e temos”.

Un curso de comunicación en Salamanca

Fabián, asistiu a un curso de comunicación en Salamanca, a primeira semana de xullo. Este curso levaba o título de “ Locución e expresión oral en radio e televisión”. Unha semana dedicada, a mellorar na comunicación en radio e en televisión, o que quere ser, un mellorar en transmitir aos demais. O noso compañeiro destaca deste curso que o aprender e formarse sempre é bo, ademais, se se fai en boa compañía con persoas que che axudan a resolver os obstáculos.

Un campo de traballo en Santiago de Compostela

O terceiro e último dos cursos que realizamos este verán foi o campo de Pedras Vivas que tivo lugar en Santiago, a primeira quincena de agosto. Un campo de traballo centrado nun voluntariado para os peregrinos que chegan a visitar ao apóstolo Santiago. Neste curso asistiron Emilio e Gabriel. Un curso de formación, e á vez, para nós, un curso de aprender a evanxelizar a través da arte. Uns primeiros días dedicados a coñecer, a fondo, a catedral, e logo, unha semana de servizo e evanxelización, a quen chegaban ao culmen do camiño de Santiago.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
shares