Ovidius vivit!: mitos, imaxes e libros. A obra ilustrada de Ovidio nas bibliotecas de Galicia

A Biblioteca colabora na exposición “Ovidius vivit!: mitos, imaxes e libros. A obra ilustrada de Ovidio nas bibliotecas de Galicia” con dous exemplares de 1783:

Publii Ovidii Nasonis Opera / ad optimas editiones collata ; praemittitur vita ab Aldo Pio Manutio collecta ; cum notitia literaria Studiis Societatis Bipontinae.

O Colexio de Fonseca (Santiago de Compostela) albergará está mostra que pretende conmemorar e celebrar, de maneira aadémica, o bimilenario da morte do poeta romano Publio Ovidio Nasón.  

Grazas as numerosas edicións ilustradas que se atopan nos fondos das bibliotecas que participan neste evento (un total de catorce) e que forman parte do patrimonio bibliográfico de Galicia, poderemos facer un percorrido pola obra ovidiana  a través da imaxe e a iconografía.

Podedes visitar a exposición de luns a sábado de 11.00 a 14:00 e de 17.30 a 20.30 horas, ata o 30 de xuño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
shares